Gravación con Charanga Trébede
O domingo foi a gravación con Charanga Trébede en Estudios Mans.
Marina, Aleixo, Alba, Brais, Pablo, Iago e Luis subiron dende as Rías Baixas para grabar o tema “Pasodobres dos Padernes”, como gañadores do #InterritmosSonsNoRural, concurso promovido por DELOA e os GDRs do Salnés e Ribeira Sacra – Courel, co obxectivo de recoller pezas do seu ámbito xeográfico, e premiar ós mellores coa organización do seu concerto e a grabación dun vídeo musical no noso estudio.
Estes mozos chegaron cás cousas clariñas e demostraron en tempo record a súa paixón pola música tradicional galega na grabación da semana pasada, concretamante, o 17 de outubro.
No estudio quedamos moi contentos cá visita e cos resultados e estamos en proceso de postproducción polo que moi pronto poderemos disfrutar do seu traballo.
👉🏻 Si tu también quieres grabar con nosotros, puedes pedirnos info en el siguiente formulario!
No te olvides de seguirnos en nuestras redes sociales!