Gravación Lau

¡A ganadora de #OutraMaisOutra 2019 xa pasou polo estudio! Durante dous marabillosos días tivemos a Lau en Estudios Mans, gravando o seu primeiro EP, con letras orixinais e íntimas que pronto poderemos desfrutar.

Só necesitou a súa guitarra e a súa voz, ás que acompañou logo cun caixón, para encher o plató coma se dunha banda se tratáse. Estade atentos ao estreo destes temazos.

Foi un pracer contar con ela e pronto voltará por aquí gracias a Mahou, ó ser seleccionada dentro do Coworking en #EmprendementoMusical que organiza a Fundación Paideia xunto a Escola de Organización Industrial.

✋🏻