Gravación AC Xacarandaina

O pasado mes de marzo, encheuse o estudo de tradición. A Asociación Cultural Xacarandaina, veu gravar dúas pezas cunha ampla formación. Acompañando ó eixe principal, o coro, veu unha banda composta por bombo, caixa, gaitas, acordeón, clarinete e saxofón. E, como é normal na música tradicional, interpretaron as dúas cancións en directo. Un gustazo poder contar con agrupaciones con tan longo percorrido como «Xaca». Ata a próxima!