Lau e Maestro, gañadores Outra+Outra 2019
LAU E MAESTRO FORON OS GAÑADORES DO CONCURSO DE BANDAS EMERXENTES OUTRA+OUTRA 2019
Dous proxectos tan distintos como Lau e Maestro, foron capaces de convencer ó xurado compuesto por Patricia Hermida (Heredeiros da Crus, Agoraphobia, …), Josiño Carballo (Novedades Carminha, Holywater,… ) e Carlangas (Novedades Carminha).
A proposta íntima de Lau e a posta en escea de Maestro, foron claves para decantar esta audición final na que cinco bandas foron as encargadas de poñer dificil a selección na sala Malatesta de Santiago de Compostela. Ademais, o evento puido contar co presentador Rodrigo Vázquez e unha selección musical de Carlangas DJ set.
Inland Valley, Lora e Moito! son as outras agrupacions que participaron na finalísima de Outra+Outra 2019, e nos deron moito que falar. Calquiera de elas puideron ser as gañadoras do certame.
O primeiro premio está composto pola grabación de un EP e a grabación dun video-single de carácter falso directo, e o segundo premio da grabación dun single e un video, tamén de carácter de falso directo.
Outra+Outra é un concurso organizado por Estudios Mans, no que colabora a Deputación de A Coruña e a Fundación Paideia Galiza.
✋🏻