MANS FUTURO 2022

Os XVII PREMIOS Á EXCELENCIA MUSICAL MANS FUTURO están promovidos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza – Estudios Mans.

Estes premios teñen como obxectivo o recoñecemento ao esforzo dos/as estudantes dos conservatorios superiores de música de Galicia, servindo ademáis como proxección para os mozos/as galegos/as, gravando e promocionando o seu traballo.

As institucións promotoras entenden fundamental a adecuación da formación dos músicos ao grao de excelencia académica que esixe o grao superior de música, como meta da especialización definitiva, dentro dunha ampla visión do feito artístico: a música como marca de identidade, como aglutinadora e socializadora que axuda a vencer fronteiras e como industria de grande potencial.

Requisitos para participar:

Ter acadada a cualificación de sobresaínte ou matrícula de honra no traballo de fin de estudos na especialidade de interpretación no ano académico 2020/2021 ou no ano anterior, en calquera dos dous conservatorios superiores de música de Galicia.

Como participar?

Os/as aspirantes que cumpran os requisitos, deberán presentar unha copia dunha gravación de vídeo (formato AVI ou MPG, soporte DVD) nos que interpreten tres pezas de diferentes estilos (obras ou fragmentos da obra) e co acompañamento que precise de ser o caso e cunha dificultade acorde co nivel destas ensinanzas. A duración máxima das tres pezas en conxunto será de 25 minutos. Os/as alumnos/as deberán especificar os títulos e autores/as das pezas que interpreta, tanto na solicitude como no soporte e respectando a orde de interpretación.

Premios

Outorgaranse os seguintes premios:

 

Un primeiro premio*

O primeiro premio consiste na gravación discográfica, mestura, edición e masterización dun CD dunha duración máxima de 45 minutos nos Estudios Mans da Coruña

Dúas mencións de honra*

Os/as premiados/as coas mencións de honra, terán dereito á gravación, mestura edición e masterización dunha maqueta cunha duración máxima de 25 minutos por alumno/a, nos Estudios Mans da Coruña.

*Cada alumno/a premiado/a terá dereito á gravación dun vídeo en falso directo cunha duración máxima de 3 minutos que se realizará na mesma xornada de gravación do repertorio.

Entrega de solicitudes

Os/as alumnos/as que cumpran os requisitos recibirán información sobre o procedemento a través de correo electrónico (no mes de setembro de 2021) por parte da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. Os/as candidatos/as deberán cubrir o formulario que se lles facilitará e remitilo á seguinte dirección: Edificio Administrativo San Caetano. Bloque 2, 2º andar. 15781. Santiago de Compostela (Tel.: 981 546 556/5).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo remata o xoves 22 de setembro de 2022 ás14:00 horas.

CONSULTAR EDICIONES ANTERIORES