#MansFuturo

A XUNTA E A FUNDACIÓN PAIDEIA Galiza IMPULSAN a XVI EDICIÓN DOS PREMIOS ‘MANS FUTURO’ PARA APOIAR A EXCELENCIA NAS ENSINANZAS MUSICAIS

 

  • Renóvase a colaboración para a convocatoria desta edición, na que se premia a tres titulados da especialidade de interpretación en conservatorios superiores galegos
  • Así mesmo, a fundación concederá un galardón complementario ás/ós tres alumnas/os premio extraordinario nas ensinanzas artísticas profesionais na modalidade de música do curso 2020/21

 

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2021.- A Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza veñen de renovar a súa colaboración para impulsar a décimo sexta edición dos premios Mans Futuro, que apoia a excelencia nas ensinanzas musicais.

Poderán concorrer ós  XVI Premios á excelencia musical Mans Futuro 2021 ás/ós tituladas/os de ensinanzas superiores de música na especialidade de interpretación dos conservatorios galegos. Concederase un primeiro premio á candidata/o que obteña a maior cualificación no proceso de selección que se convoque, que consistirá na gravación discográfica, mestura, edición e masterización dun CD de 45 minutos de duración.

Así mesmo, haberá dúas mencións de honra á excelencia musical, para as outras persoas seleccionadas e que consistirán nunha gravación dunha maqueta cunha duración máxima de 25 minutos. Adicionalmente, os tres premiados poderán gravar un vídeo da gravación nos Estudios Mans.

Ademais, a Fundación Paideia Galiza concederá un premio complementario ás/ós tres alumnas/os que obteñan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais na modalidade de música correspondentes ao curso 2020/2021.

Este galardón complementario consistirá na gravación discográfica, mestura, edición e masterización dun repertorio de 25 minutos por alumno, Cada alumno gravará, ademais, un vídeo da gravación do repertorio nos Estudios Mans cunha duración de tres minutos como máximo.

O obxectivo destes premios é recoñecer o esforzo das/os alumnas/os que rematan os seus estudos profesionais e superiores de música en Galicia, ademais de servirlles como proxección. Así mesmo, o feito de teren a oportunidade de crear un CD, unha maqueta ou un video gravados de maneira profesional permítelles dar visibilidade ó seu traballo e coñecer en primeira persoa as fases de gravación, edición, difusión e distribución dun traballo musical.

Os Premios á Excelencia Musical Mans Futuro enmárcanse dentro dunha das liñas de traballo da Fundación Paideia Galiza e de Estudios Mans, dirixida ao fomento do emprendemento musical.

✋🏻

👉🏻  Para máis info e bases do concurso preme no seguinte botón

👉🏻  Si tu también quieres grabar con nosotros, puedes pedirnos info en el siguiente formulario!

No te olvides de seguirnos en nuestras redes sociales!