MANS FUTURO 2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza, titular do Estudio de Gravación Audiovisual – Estudios Mans, promoven os XIV Premios á Excelencia Musical Mans Futuro 2019.
Estes premios teñen como obxectivo o recoñecemento do esforzo e a posta en valor dos méritos dos artistas noveis galegos/as que veñen de rematar os estudos de música nos Conservatorios Superiores de música da Comunidade Autónoma de Galicia, servindo como proxección destes traballos recollendo o seu traballo coa gravación e promoción dun repertorio en formato dixital e un vídeo.