Mans Xuntanza Creativa | Día4

Día 4 | Remuiño de son

Cuarto día da Xuntanza Creativa nos Estudios Mans,

Como xa se di, non hai pouco que non chegue nin moito que non se acabe, e esta residencia artística chega ao seu penúltimo día.

Hoxe grabouse a maior parte da canción, deixando os arranxos finais para mañán, xunto á mezcla.

Empapouse todo Estudios Mans, da guitarra e voz de Sofía, o chelo de Guille, a trompeta de Toño (Jinetes) e as voces de Belém e Fer (Jinetes). Soa de marabilla!

Utilizouse unha luz tenue pra gravalas voces, e darlle forma os versos que semellan un grito do pasado, resonando no presente.

Hoxe e dia de gardar, non vos contamos máis, pronto vos contaremos o por qué.

Un himno escrito na pel, un coro o unisono, a tradición de hoxe grabado no aquel.

Somos.

#aculturasegue