Mans Xuntanza Creativa | Día5

Día 5 | Somos

Rematou a Xuntanza!

Hoxe gravaron os últimos arranxos e dedicaron o resto do día á mezcla dun tema que moi pronto poderedes escoitar. Podemos decir que para todos foi unha experiencia totalmente enriquecedora e que esperamos que se repita.

Como di Sofía Espiñeira, ‘hai cousas que non se poden dicir con palabras, só se poden tocar’ e esta canción é o exemplo perfecto. Despois de cinco duros días, teñen todo atado e conseguiron transformar en música todos os seus sentimentos polas paisaxes da nosa terra.

A experiencia defínea Toño de Los Jinetes del Trópico, como unha ‘convivencia intensa de enerxías confluidas’ e Belém Tajes como ‘o primeiro día de cole, que chegas con un pouco de medo, pero ao final todo acaba guay’.

Pechamos aquí a primeira edición de #MansXuntanzaCreativa nos Estudios Mans. Pero como comenta Fernando (Los Jinetes del Trópico), ‘esto é un ata logo, sempre é ata logo’.

#aculturasegue