Mans. Xuntanza Creativa

🎙 Mans. Xuntanza Creativa procura a reinterpretación da tradición musical galega a través dunha residencia artística-creativa na que participarán até 3 artistas ou bandas galegas. As participantes convivirán durante unha semana en Estudios Mans para crear e gravar un novo tema que beba do noso folklore, mais que poida derivar cara outras sonoridades e ritmos. Aquí poderás atopar o día a día de Mans, Xuntaza Creativa!

👉🏻 Imos aló!

Esta iniciativa forma parte das acción do Plan de reactivación nos sectores turístico e cultural da Consellería de Cultura e Turismo fronte aos efectos da COVID-19 para a creación do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021.