Premios Mans Futuro 2019

Mans Futuro

PREMIOS MANS FUTURO 2019

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza a través de Estudios Mans, promoven os XIV Premios á Excelencia Musical Mans Futuro 2019.

Estes premios teñen como obxectivo o recoñecemento do esforzo e a posta en valor dos méritos dos/as artistas noveis galegos/as que veñen de rematar os estudos de música nos Conservatorios Superiores de música da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo coas bases dos “XIV Premios á excelencia musical Mans Futuro 2019” os membros do tribunal cualificador acordaron, por unanimidade, conceder os seguintes premios:

 

– Primeiro premio: Daniel Fernández López (gaita).

 

– Primeira mención de honra: Rodrigo Iglesias Silva (trompeta).

 

– Segunda mención de honra: Jessica Sánchez Rebollido (piano).

 

✋🏻