Premios Mans Futuro 2020

PREMIOS MANS FUTURO 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza a través de Estudios Mans, promoven os XV Premios á Excelencia Musical Mans Futuro 2020.

Estes premios teñen como obxectivo o recoñecemento do esforzo e a posta en valor dos méritos dos/as artistas noveis galegos/as que veñen de rematar os estudos de música nos Conservatorios Superiores de música da Comunidade Autónoma de Galicia.

De acordo coas bases dos “XV Premios á excelencia musical Mans Futuro 2020” os membros do tribunal cualificador acordaron, por unanimidade, conceder os seguintes premios:

 

– Primeiro premio: Estefanía Cereijo Omil (piano)

 

– Primeira mención de honra: Pablo Blanco Cordero (percusión)

 

– Segunda mención de honra: Andrés Vázquez Romero (guitarra)

 

– O premio no caso do gañador ou gañadora tratase da gravación dun repertorio de 45  minutos e un vídeo de 3 minutos así como 300 copias en CD de dito repertorio. No caso das mencións de honra, tratase da gravación dun repertorio de 25 minutos e un vídeo de 3 minutos a grabar nos nosos estudios.

 

✋🏻