SonidosMans Salas Concurso para bandas galegas emerxentes

Dende Estudios Mans non paramos, e seguimos creando programas nos que a música non para! Nesta ocasión os anunciamos a apertura de inscricións do programa #SonidosMansSalas, coñecido anteriormente por Outra+Outra.

O concurso, súmase ás diferentes accións que a Fundación Paideia Galiza desenvolve, baixo o seu eixe de emprendemento, para fomentar a actividade artística e musical poñendo ó servizo dos emprendedores as ferramentas necesarias para visibilizar e profesionalizar a súa carreira profesional. E nesta ocasión conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Sonidos Mans Salas é un concurso dirixido a bandas emerxentes de Galicia. Se queres participar, deberás presentar un tema orixinal a través desta plataforma web desde o 21 de outubro ás 12:00 pm ata o 11 de novembro ás 12:00 pm. Unha vez finalizada esta fase, un xurado formado por profesionais da industria musical, seleccionará as mellores 5 propostas, que pasarán a ser as finalistas do concurso.

Estes 5 proxectos participarán nunha audición final o día 27 de novembro no plató de Estudios Mans, na que se seleccionarán 2 ganadores. Ambos gravarán un tema con videoclip en Estudios Mans e o primeiro podrá tocar en directo nunha sala de recoñecido prestixio en Galicia.

INTERÉSACHE?

+info e inscricións en www.sonidosmans.com

✋🏻