Finalistas SonidosMans Salas

Xa temos finalistas no Concurso de Bandas Galegas Emerxentes #SonidosMansSalas! Noraboa a Demo Rumudo, Leticia Rey, Lora, Ambigüo e Lucas Blanco, sodes os seleccionados para participar na audición final o 27 de novembro nos Estudios Mans.

De entre as 5 participantes seleccionaranse as dúas bandas ganadoras do concurso de bandas galegas emerxentes #SonidosMansSalas!

As bandas ganadoras do concurso optarán como primeiro premio á gravación, mestura e master dun EP de duración máxima de 20 min (ou 4 temas) e a gravación dun vídeo promocional en falso directo nos Estudios Mans (A Coruña), ademáis de actuar nunha sala dentro da comunidade autónoma de Galicia durante o mes de decembro de 2020; O segundo premio terá dereito a gravación, mestura e master de un sigle de duración máxima de 5 minutos e a gravación dun vídeo promocional en falsto directo nos Estudios Mans (A Coruña)

O concurso, súmase ás diferentes accións que a Fundación Paideia Galiza desenvolve, baixo o seu eixe de emprendemento, para fomentar a actividade artística e musical poñendo ó servizo dos emprendedores as ferramentas necesarias para visibilizar e profesionalizar a súa carreira profesional. E nesta ocasión conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

✋🏻