The Rapants no INN CLUB

The Rapants no INN Club deixaron o listón ben alto! Os catro de muros transpiraron enerxía por cada poro da sua pel nun bolo de unha hora que non deixou a ninguén indiferente.

Xaquín foi o metronomo da banda, quen termou do baixo de Matias e maila guitarras de Samu e Xanma, o que tamén fixo de frontman e voz principal.

Non podemos pasar por alto a intervención de Grande Amore no escenario durante o concerto dos gañadores de #SonidosMansSalas concurso de bandas emerxentes que organizamos xunto coa Consellería de Cultura da Deputación da Coruña.

E uns intres máis tarde, subia Grande, só, acompañado dunha caixa de ritmos e moita actitude. Grande Amore sabe ben como ter o público quente e o demostrou nesta noite de decembro, na que fixo de ponte entre The Rapants e Apart.

E chegou o final da noite con Apart no escenario, os de carballo amosaron o motivo po lo que forman parte de Orballo Cultural, enerxía, ganas e boa música inundaron durante toda a noite o escenario do INN Club

👉🏻  Si tu también quieres grabar con nosotros, puedes pedirnos info en el siguiente formulario!

No te olvides de seguirnos en nuestras redes sociales!