Xornadas: A Música en Directo

A SITUACIÓN LABORAL DOS MÚSICOS EMERXENTES,  A DEBATE NA FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA

A Fundación Paideia Galiza, coa colaboración do Agadic, organiza un novo ciclo de xornadas sobre a industria musical. Nesta ocasión a temática das sesións abordará a situación laboral dos músicos emerxentes. Tratarase a lexislación en materia fiscal, e a necesidade do rexistro das obras como base para una maior profesionalización do sector.

A primeira das xornadas celébrase o 1 de febreiro en horario de 19:00 a 21:00 h na sede da Fundación Paideia Galiza na Coruña baixo o título “Seguridade Social. Por que? Para que? Só quero tocar…”. Participan como poñentes Juan Alberto Martínez, cantante e guitarrista do grupo Niños Mutantes, Javier Fernández, Inspector de Traballo e Seguridade Social e Ricardo P. Ron, Catedrático da Escola Universitaria de Dereito do Traballo e Seguridade Social da Universidade da Coruña. A inscrición para esta primeira xornada do ciclo xa está aberta a través da páxina www.paideia.es. A inscrición é gratuíta ata completar aforo.

A segunda xornada, que se celebra o 1 de marzo, aborda os dereitos e obrigas dos músicos e dos promotores de espectáculos en materia tributaria. Na última sesión, programada para o 5 de abril, trata de dar resposta a cales son as mellores fórmulas para protexer a música dos artistas que comezan as súas carreiras.

Todas as sesións celebraranse na sede da Fundación Paideia Galiza na Coruña  (Praza de María Pita, 17). Terán un formato de mesa redonda que propiciará o debate co público. Estarán presentadas por Jacobo Sutil (Director de Agadic) e Guillermo Vergara (Vicepresidente de Fundación Paideia Galiza). Actuará como moderadora a xornalista Marga Pazos. Ó rematar cada xornada, celebrarase un showcase dun artista emerxente.

Fundación Paideia Galiza, Agadic e a música emerxente.

A Fundación Paideia Galiza e o Agadic promoven, con esta nova proposta, dotar ao sector musical de ferramentas e coñecementos que o axuden no camiño á súa profesionalización, facendo fincapé no apoio ós artistas e músicos emerxentes. Este ciclo de xornadas da continuidade ás celebradas no pasado ano 2017 e que tamén estiveron dirixidas ó impulso do sector musical.

+Info:981 22 39 27 / paideia@paideia.es

Recent Posts